CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Apartamentos Acapulco abre o SilFest Valdeorras 2021 adaptado á situación sanitaria

A partir das 22:30 horas subirase ao escenario La La Love You, Premio MTV EMA 2020 a Mellor Artista Español

 

Aínda que nun formato reducido, máis tarde do habitual e cunhas estritas medidas de seguridade, a organización do SilFest Valdeorras non queixo deixar aos afeccionados sen música á beira do río neste verán e por iso idearon o SilFest Valdeorras Lite, o irmán pequeno do festival multicultural. Un “evento musical, único e adaptado á situación actual, que devolverá a música en directo á praia fluvial do río Sil, ao seu paso polo Barco e en pleno Camiño de Inverno”, aseguran.

Así, coas entradas esgotadas dende hai un par de días, ás 18:30 horas deste sábado 28 de agosto, abría as portas o recinto do SilFest Valdeorras Lite, un festival de catro horas de duración que reunirá a tres bandas de primeiro nivel no panorama indie nacional. Os primeiros en actuar eran os granadinos Apartamentos Acapulco, en activo dende 2015, que quentaban o ambiente con temas pegadizos. De seguido subían ao escenario Nunatak, grupo folk rocképico orixinario de Cartaxena fundado en 2012, quedando o prato frote para a noite: La La Love You.

 

 

A banda de Parla (Madrid) que xa estivo no SilFest está nun momento glorioso da súa carreira. En outubro de 2020 e pelexando coas bandas máis mainstream das multinacionais máis poderosas, lograron alzarse co Premio MTV EMA a Mellor Artista Español. En decembro recibían o Disco de Ouro, xa son Disco de Platino e no Barco actuarán a partir das 22:30 horas.

Como é habitual, a Asociación Cultural SilFest mantén o seu compromiso co viño de Valdeorras que está presente no evento da man do Consellor Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Tamén hai cervexa, bocadillos e crepes quentes e fríos, aínda que non se pode comer nin beber de pé.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button