EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A apertura dun supermercado Plenus en Quiroga crea 15 empregos

Esta superficie comercial, pertencente ao grupo ourensán Cuevas, ofrecerá case 5.000 referencias

Cun horario ininterrumpido da mañá á noite (entre luns e sábado) vén de poñerse en marcha o día 8 de marzo en Quiroga un novo supermercado Plenus, do grupo ourensán Cuevas, situado na rúa Rosalía de Castro da vila lucense. A nova tenda ocupa unha superficie total de 1.089 m2, dispón dunha sala de vendas de case 800 m2, e conta ademais cun parking subterráneo gratuíto propio. Este supermercado dá emprego a quince persoas.

Ao mediodía o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, realizaba un percorrido polas súas instalacións, acompañado por Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, así como por outros representantes desta empresa.

O supermercado Plenus de Quiroga ofrecerá 5.000 referencias e dispón de diversas seccións como carnicería, charcutería, peixería, froitería, lácteos, conxelados e seco, cunha atención especial de panadaría. “Con esta nova apertura, a rede Plenus acada xa as dez tendas en Galicia (catro delas na provincia de Lugo, tres na de Ourense e tres na de Pontevedra), cunha superficie conxunta próxima aos 6.000 m2, e convírtese no 18º supermercado propio do Grupo Cuevas na comunidade”, segundo se indica dende o citado grupo empresarial.

O feito de que se teña escollido Quiroga, no límite entre as provincias de Lugo e Ourense, amosa, segundo o Grupo Cuevas, “un manifesto interese por extender a marca Plenus cara a Galicia interior, dado que as anteriores tendas abertas están localizadas en Lugo cidade e na Rúa, e foron postas en funcionamento con apenas un mes de diferenza”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button