EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Apetamcor alerta de posibles prácticas de competencia desleal vinculadas ao transporte da lousa

 

A Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor) vén de emitir esta tarde un comunicado no que, “ante diversas informacións recibidas desde a comarca de Valdeorras de posibles prácticas de competencia desleal nos servizos de transporte realizados para a industria da lousa, quere facer públicas” dúas consideracións.

En primeiro lugar, Apetamcor indica que “rexeita todo tipo de prácticas de competencia desleal no sector, e especialmente aquelas consistentes na realización de servizos de transporte público de mercadorías con vehículos carentes da necesaria autorización administrativa para a súa realización”.

Nese senso, “co obxecto de instar ás correspondentes comprobacións a través de controis en estrada e na sede das empresas afectadas, Apetamcor deu traslado aos servizos de inspección da Xunta de Galicia da información recibida procedente de varias fontes do sector conforme na comarca de Valdeorras se poderían estar realizando de modo irregular servizos de transporte para a industria da lousa que opera nesa comarca con vehículos pesados (camións) carentes da necesaria autorización administrativa habilitante, incurríndose nese soposto nunha situación de grave competencia desleal”.

Apetamcor é a organización maioritaria representativa do sector tanto na provincia de Ourense como en Galicia, con máis de 1.100 pemes e autónomos asociados das catro provincias galegas.

Artigos relacionados

Back to top button