ConcellosÚltima horaVídeos

Aplauso para celebrar os resultados negativos de usuarios e persoal da residencia de maiores de Río

 

Boas novas para San Xoán de Río neste venres 24 de abril. Os tests de detección de COVID-19 que se lle realizaban o pasado luns 20 de abril ao total de usuarios e traballadores da súa residencia da terceira idade deron resultados negativos, tal e como informa o alcalde deste concello, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Para celebralo os voluntarios de Protección Civil de Río, o rexedor e un concelleiro desprazábanse ata o exterior da residencia para dedicarlle aos seus maiores e ao persoal un emotivo aplauso.

Deste xeito, a residencia de Río repite os resultados que xa deran nos centros de maiores de Manzaneda e Trives.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button