ConcellosSen categorizar

Apoio para a Festa do Pulpo de O Carballiño

Concello e Xunta firman un convenio de colaboración para esta festa que se celebrará en agosto
UN dos momentos da sinatura do convenio.
UN dos momentos da sinatura do convenio.

O alcalde de O Carballiño Argimiro Marnotes e a directora de Turismo de Galicia Nava Castro, asinaban na mañá do 2 de xullo un acordo de colaboración entre Concello e a Xunta para a celebración da 52 edición da Festa do Pulpo do Carballiño, prevista para o segundo domingo de agosto. No acto de sinatura tamén estivo presente tamén o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez.

Segundo explicou a directora de Turismo a Festa do Pulpo do Carballiño “é unha das celebracións gastronómicas máis senlleiras da comunidade que actúa como foco de atracción turística cara unha terra que ten moito que ofrecer aos visitantes e que, a través da gastronomía, un dos nosos reclamos fundamentais como destino, se proxecta ao mundo”. Segundo dixo, Turismo de Galicia apoia a celebración desta festa tradicional que ten convertido a O Carballiño no epicentro da degustación deste cefalópodo, acompañado con algúns dos produtos máis distintivos do destino Ribeiro.

Galicia conta con máis de 300 festas enogastronómicas, que impulsan o sector turístico e promocionan a calidade culinaria do destino. Un total de 44 destas festas contan coa declaración de Festas de Interese Turístico de Galicia e outras 4 son de Interese Turístico Nacional, entre elas a Festa do Pulpo de O Carballiño.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button