Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Aportacións cidadás ao Catálogo das Paisaxes de Galicia

Ao longo da comunidade galega estanse realizando unha serie de obradoiros para facilitar a contribución dos galegos a este proxecto

O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente está elaborando os Catálogos da Paisaxe de Galicia. Neste proceso tamén se está a recoller, identificar e catalogar as percepcións, opinións e valoracións que as persoas teñen sobre a paisaxe a través de iniciativas como unha serie de talleres en cada unha das doce grandes áreas paisaxísticas recollidas no documento. Unha desas sesións, impartida polo equipo técnico do Catálogo das Paisaxes de Galicia, tiña lugar na mañá do 17 de outubro na cidade de Ourense, no Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica CeMIT. Era a correspondente ás Ribeiras encaixadas do Miño e do Sil. Nestas imaxes poden verse diveros momentos da sesión.

Ademais de nestes talleres, os cidadáns tamén poden facer as súas aportacións ao longo do mes de outubro a través da plataforma web https://sixot.es/CatalogosPaisaxe/Inicio.

Máis información: http://somospaisaxe.org/catalogo-paisaxes

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button