En portadaÚltima hora

Aposta pola moda e pola arte na pasarela do Barco CCA, o 9 de abril

A presentadora será Eva Iglesias, colaboradora do programa Land Rober Tunai Show

Publicidade
Imaxe dunha edición anterior da pasarela de moda O Barco CCA./ Foto: O SIL.

 

Nesta primavera a Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco recuperará a súa Pasarela de Moda, despois de dous anos sen celebrarse debido á crise sanitaria. A súa data será o sábado 9 de abril ás 20:30 horas da tarde, na céntrica rúa barquense de Academia Dequidt, próxima á Praza Andrés de Prada.

Neste punto instalarase un escenario polo que desfilarán medio centenar de modelos, veciños do Barco, adultos e nenos, quen se presentaban ao casting do CCA hai semanas. Ademais unha das novidades será que o CCA subirá á pasarela a mascotas.

Nesta edición participan 19 empresas asociadas, entre elas o Periódico O SIL: catro comercios de moda infantil, nove tendas de moda de adultos, catro establecementos de complementos e unha clínica veterinaria, quen exhibirá as súas novidades do sector téxtil e complementos e apoiarán publicamente una das campañas do CCA que reúne a un maior número de clientes. Así mesmo, contarase coa colaboración dun salón de peiteado.

Ademais da moda, o evento terá como protagonista a arte. Durante o desfile contarase coa participación de OrdeCaos e de Carina Rodríguez quen mostrará ao público e en directo o seu traballo relacionado coa arte e o deseño, respectivamente.

E á moda e á arte súmase o humor da persoa responsable de conducir a Pasarela de Moda. A actriz galega, presentadora da TVG e colaboradora do programa Land Rober Tunai Show, Eva Iglesias, viaxará ao Barco para converterse na presentadora do evento.

 

 

 

 

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES NA PASARELA DE MODA 2022

Ana Óptica, Baamonde, Can Can, Casabella, Eneska, Garoba, Koki, Librería Murciego, Marylebone, Miranda X, Modas Toño, Multiópticas Valdeorras, N 37, O Bambán dos Sorrisos, Periódico O SIL, Pizpireta, Tríos 2.0, Ton y Son, Valcán Clínica Veterinaria.

Artigos relacionados

Back to top button