ConcellosÚltima horaViana do BoloVilariño de Conso

Aprazada a edición do 2021 da Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño

A organización ten a esperanza de que ao longo deste ano se poida celebrar unha premascarada "como adianto da do 2022"

Boteiro da Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso desfilando en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A través dun comunicado publicado nas redes sociais, a organización do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask, de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, vén de anunciar o aprazamento da edición do 2021. Este encontro de festas de inverno, principalmente de diferentes puntos da península, acostumaba celebrarse no mes de xaneiro.

“Ante todo debemos protexer a saúde e o benestar das persoas. Temos a esperanza de que, se a situación mellora e as condicións nolo permiten, ao longo do 2021 se poida celebrar unha premascarada como adianto do que en 2022 temos pensado organizar: un festival o máis internacional posible que volva encher as rúas das nosas vilas de cultura, tradición, sentimento e alegría”.

Artigos relacionados

Back to top button