OurenseÚltima hora

Aprazados os xogos acuáticos do barrio da Ponte (Ourense) debido á previsión de mal tempo

A actividade realizarase o mércores, 19 de agosto, de 18:00h a 21:00h

O Concello de Ourense ven de aprazar a celebración dos xogos acuáticos no barrio da Ponte programados nun principio para este martes, 11 de agosto. A previsión de mal tempo obrigou a retrasar o evento e finalmente terán lugar o mércores, 19 de agosto, no mesmo horario de 18:00h a 21:00. O Concello quixo desculparse ás persoas afectadas e lembra que os interesados deberán realizar de novo a reserva a través da páxina web do Concello ou presencialmente no acto.

Esta actividade, de acceso gratuíto pero con aforo limitado, forma parte da iniciativa “Móllate co Comercio”, un programa municipal que busca a dinamización do comercio local a través de xogos acuáticos e inchables para os máis pequenos. As seguintes quendas serán o martes 18 en Santa Teresita, o xoves 20 no Campus Universitario das Lagoas, o martes 25 en Barrocás e o xoves 27 no Pavillón dos Remedios, ademáis da cita na Ponte o mércores 19.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button