OurenseÚltima hora

Aprazados os xogos acuáticos do Parque de Santa Teresita (Ourense) polo mal tempo

A actividade estaba prevista para hoxe, 17 de agosto, ás 18:00h

O Concello de Ourense anuncia que os xogos acuáticos do Parque de Santa Teresita quedan aprazados. Esta decisión está motivada polas baixas temperaturas e as precipitacións que se están a rexistrar actualmente na zona. A actividade estaba prevista nun principio para as 18:00h de hoxe, 17 de agosto, e formaba parte do programa “Móllate co Comercio”, unha iniciativa municipal de dinamización do comercio a través de xogos para os máis pequenos.

Dende o Concello piden desculpas polas molestias causadas e avanzan que nos próximos días proporán unha data alternativa para realizar actividade. En función da previsión meteorolóxica, valorarase a realización das dúas próximas quendas do programa: o mércores 19 no Barrio da Ponte o xoves 20 no Campus Universitario das Lagoas.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button