PolíticaÚltima hora

Aprázanse as explicacións sobre a inspección laboral na Feira do Viño de Valdeorras

A socialista Carmen Acuña presentaba unha pregunta sobre este tema no Parlamento, que estaba previsto que se respostase na sesión da Comisión de Agricultura do 12 de setembro
A deputada socialista Carmen Acuña, na entrada do Parlamento de Galicia./ Foto: Carlos G. Hervella.
A deputada socialista Carmen Acuña, na entrada do Parlamento de Galicia./ Foto: Carlos G. Hervella.

A resposta estaba prevista para a sesión do 12 de outubro na Comisión de Agricultura, Alimentación Gandaría e Montes do Parlamento galego, pero finalmente, foi aprazada. A deputada socialista Carmen Acuña terá que esperar para escoitar as explicacións da Xunta de Galicia sobre a pregunta oral que presentaba na Cámara galega en agosto sobre a inspección laboral realizada no decurso da pasada Feira do Viño de Valdeorras e sobre a ausencia do presidente galego neste certame.

Acuña lamentaba o aprazamento “pola incomparecencia do goberno”, o que supón que a pregunta deberá ser levada a outra sesión posterior. No texto da pregunta a deputada valdeorresa pedía asemade explicacións ante a ausencia do presidente da Xunta no certame valdeorrés, “no que a única presenza institucional foi, sorprendentemente, a de dous inspectores laborais que tomaron datos aos traballadores que se atopaban na feira”.

Tamén lamenta esta parlamentaria socialista “que o presidente da Xunta non tivera espazo na súa axenda para acudir á cita toda vez que días antes asistía á inauguración dunha adega privada”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button