ConcellosÚltima hora

Aprázase a cea da Noite de San Xoán prevista para este domingo na Rúa Vella

A meteoroloxía adversa obrigou á organización a retrasala ata o venres 28 de xuño

Esta tarde entra oficialmente o verán pero parece que a meteoroloxía non acompañará esta fin de semana polo que dende a Comisión de Festas de San Roque, na Rúa, informan da cancelación da Paella Popular prevista para celebrar, o domingo 23 de xuño, a Noite de San Xoán.

Tal como explican dende a organización as condicións adversas previstas “non deixan desenvolver o evento con normalidade, e máis co lume como protagonista, polo que tras consensualo detidamente con todas as partes decidimos facelo o venres 28 da semana que vén”, din a través das redes sociais, asegurando que a nova data foi determinada “antepoñendo os intereses de todos, especialmente dos comensais”.

As entradas seguirán á venda ata o mércores 26 e todas as persoas que xa a teñan e non podan asistir na nova data “poderán devolvela no establecemento onde a adquiriron ou chamando ao número 657 055 684”.

Artigos relacionados

Back to top button