CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Aprázase a masterclass de robótica e programación que se ía impartir na Rúa, pola situación sanitaria

Estaba programada para o 4 de xaneiro pero o aumento de positivos de Covid obrigou á organización a tomar esta decisión

O responsable de ‘Dreams of Space’, cun dos avións teledirixidos que constrúen.

 

Case dous anos despois do inicio da pandemia, a situación sanitaria segue provocando a cancelación de actividades. Nesta ocasión trátase da masterclass de robótica e programación que se ía celebrar na Casa da Cultura da Rúa o vindeiro 4 de xaneiro.

A actividade, organizada dende a ANPA do IES Cosme López Rodríguez, ía ser impartida pola empresa ourensá Dreams to Space, pero debido ao aumento constante de casos activos de Covid, tanto no concello da Rúa coma no resto da comarca de Valdeorras, decidían aprazala. “Pensamos que o máis seguro e deixala para máis adiante cando a situación mellore”, confirman dende a ANPA.

A información sobre o curso pode consultarse no seguinte enlace: https://osil.info/a-rua-acollera-o-4-de-xaneiro-unha-masterclass-de-robotica-e-programacion/

Artigos relacionados

Back to top button