DeportesÚltima hora

Aprázase a proba ciclista Gran Fondo Trevinca Starlight, na Veiga

O aprazamento da cita deportiva prevista para o domingo 15 de marzo faise "como medida preventiva para frear o avance do coronavirus"

 

Tendo en conta as recomendacións de Sanidade, o Concello da Veiga e a organización, decidían  aprazar a presente edición do Gran Premio Trevinca Starlight que se ía celebrar o vindeiro domingo 15 de marzo “como medida preventiva para frear o avance do coronavirus”.

“Tras analizar todas as recomendacións, tanto do Goberno de España como da Xunta de Galicia, dada a situación excepcional de forza maior que se vive actualmente, non era procedente seguir coa celebración da proba no municipio”, aseguran dende a organización, adiantando que a día de hoxe  había 196 inscritos de moitas comunidades así como varios internacionais. “Se o deporte é saúde neste caso a saúde está por riba do deporte”, aseguran.

Dadas as circunstancias especiais do país, a organización da proba non publicará unha nova data de celebración “ata que as autoridades competentes non o estimen oportuno”. Unha vez anunciada a nova data, establecerase un procedemento para cambio de titularidade das inscricións.

Artigos relacionados

Back to top button