CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Aprázase a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP prevista para o día 23 de abril

Polo momento mantéñense as probas de acceso a grao medio para o 28 de maio

 

Debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de tomar a decisión de aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, prevista para o día 23 de abril.

Proximamente, en función da evolución da pandemia, a consellería publicará un novo calendario de probas de acceso. Polo momento mantéñense as probas de acceso a grao medio para o 28 de maio, pero tamén quedan pendentes de actualización as datas de reclamación contra as listaxes provisionais de admitidos nas probas de acceso a ciclos de formación profesional de grao medio. Toda a información pode consultarse no Portal Educativo da Xunta: http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual .

O obxectivo destas probas é permitir cursar estas as ensinanzas de formación profesional ás persoas que non posúan as titulacións esixidas para o acceso, isto é, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou o título profesional básico (ou outras titulacións equivalentes) para os ciclos de grao medio; e, no caso dos de grao superior, o título de bacharelato ou título de técnico de formación profesional (ou equivalentes).

Artigos relacionados

Back to top button