CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Aprázase a proba de Avaliación para o Acceso á Universidade

Dende o Ministerios de Educación e de Universidades e as comunidades autónomas trabalánse para establecer unha nova data

Imaxe dunha proba de acceso á universidade nun curso anterior, na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Neste martes 17 de marzo o Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) e o Ministerio de Universidades, xunto con representantes de los reitores, analizaba coas comunidades autónomas as consecuencias da suspensión de clases presenciais a causa do coronavirus “para asegurar que ningún alumno ou alumna vai a perder o curso por esta situación”.

Dende o Ministerio de Educación e Formación Profesional e dende o de Universidades garantizouse que “non haberá consecuencias negativas para o alumnado polo decreto vixente”.

Con relación ás probas de Evaluación para o Acceso á Universidade (EVAU), os dous ministerios e os representantes das Comunidades Autónomas determinaban que se “realizará a proba de Evaluación para o Acceso á Universidade (EVAU), así como un aprazamento da mesma, para o cal trabállase en coordinación con todos os axentes implicados, dende os dous ministerios. A adaptación do calendario de matrícula universitaria adaptarase ao da devandita proba”.

 

Artigos relacionados

Back to top button