CulturaCulturaÚltima hora

Aprázase o 1º Festival da Comedia que se ía celebrar o 11 de decembro en Manzaneda vila

La Ruína Producciones tomaba esta decisión polo aumento de casos activos de Covid nos últimos días

 

Desde La Ruína Producciones veñen de emitir un comunicado anunciando o aprazamento do primeiro festival de comedia no rural que se ía celebrar en Manzaneda vila. “A crise sanitaria da nova variante do coronavirus provocou que non se poida levar a cabo tal como estaba previsto para o día 11 de decembro”, din dende a organización, asegurando que o protocolo a seguir debido ao gran aumento de casos positivos nos últimos días obriga a pospoñer para minimizar todas as aglomeracións posibles.

De aí que “moi ao noso pesar”, aseguran, comuniquen que o Manzaneda Comedy “non poderá realizarse tal e como se planeou”. O que si están é a traballar en fixar outra data, que será comunicada  canto antes, adiantando que “aqueles que adquiriron a súa entrada poden ir ao mesmo punto de venda a solicitar a devolución ou poden quedar con ela, xa que será totalmente válida para a nova data, cando a situación mellore”, conclúen.

 

Artigos relacionados

Back to top button