CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Aprázase o concerto de Los Sabineros polo temporal de neve

Estaba previsto para mañá, domingo 3 de febreiro, na Sala Baranda

Os efectos do temporal de neve que azouta estes días a península chegan tamén ata o ámbito musical. Así, o concerto que o dúo cómico musical Los Sabineros tiñan previsto dar mañá na Sala Baranda do Barco, aprázase por culpa da meteoroloxía adversa. Tal como explican dende o local de concertos, o grupo vén dende Granada con paradas en Salamanca e Zamora e esta mañá avisaban de que “con este tempo non dan subido”.

A actuación estaba prevista para as sete e media da tarde e aínda que se apraza ata nova data “devolveremos os cartos de todas as entradas en cada punto de venda”, din dende o Baranda, asegurando que é unha mágoa xa que levaban tempo intentado traelos ao Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button