CD BarcoDeportesFútbolUD OurenseÚltima hora

Aprázase o derbi CD Barco-UD Ourense polo confinamento do conxunto ourensán

O partido, correspondente á xornada 14ª en terceira división, estaba previsto para o domingo en Calabagueiros

Xogada do derbi CD Barco-UD Ourense disputado en Calabagueiros na pasada tempada. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Xa é oficial. Levábase toda a semana falando da posibilidade pero non era ata onte pola tarde cando a Federación Galega de Futbol anunciaba o aprazamento do derbi entre CD Barco e UD Ourense previsto para este domingo 24 de xaneiro en Calabagueiros, e correspondente á xornada 14ª da competición en terceira división. O motivo, “o confinamento de 14 xogadores da UD Ourense pola existencia de contacto estreito cos dous positivos de coronavirus detectados a pasada semana”, explican dende a RFGF asegurando que o partido disputarase “nunha nova data o máis cercana posible no tempo que se determinará por este órgano tan pronto como se acrediten todas as circunstancias que permitan a disputa do mesmo”.

Así pois, unha xornada máis o calendario futbolístico estará incompleto nunha categoría acostumada xa aos aprazamentos. A pasada fin de semana o CD Barco foi o único representante ourensán que xogou o seu partido (vencendo 1-2 ao Alondras), sendo tamén o único no que non se detectaron positivos de Covid-19 ata o momento.

Dos equipos ourensáns esta fin de semana serán o CD Arenteiro e o Ourense CF os que disputen os seus respectivos partidos.

Artigos relacionados

Back to top button