CulturaMúsicaÚltima hora

Aprázase o SilFest Valdeorras, que tiña previsto a súa celebración nos días 23, 24 e 25 de xullo

Dende a organización denuncian a falta de normativa específica sobre a realización de festivais e espectáculos ao aire libre

O SilFest Valdeorras, que tiña prevista a súa celebración os días 23, 24 e 25 de xullo, aprázase sen nova data. Dende a organización denuncian a falta dunha normativa específica sobre a realización de festivais e espectáculos ao aire libre, así como de medidas de seguridade sanitarias concretas para este tipo de eventos. “Foi unha decisión difícil, xa que levamos traballando no proxecto dende o mes de outubro”, engadían.

 

Un dos concertos do SilFest Valdeorras 2019. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Afirman que comunicarán o máis pronto posible sobre se o festival se celebrará en 2020 ou finalmente terá que esperar a 2021. Así, as persoas que xa adquiriran as entradas, poderán devolvelas ou ben utilizalas para a nova data.

Artigos relacionados

Back to top button