CulturaCulturaÚltima hora

Aprendendo a descifrar o ceo do pasado e o actual, en AstroTrevinca 2018

A Veiga acollerá estas xornadas, dirixidas polo experto Óscar Blanco, do 14 ao 16 de setembro

 

Imaxe do Miradoiro estelar das Lagoas das Tablillas (Trevinca), que aparece incluída no programa de AstroTrevinca 2018.

A astronomía nas súas diferentes e interesantes vertentes da man de diferentes expertos e nun dos escasos destinos Starlight do mundo, Trevinca. Así é AstroTrevinca, unha proposta formativa e divulgativa que do 14 ao 16 de setembro acadará a súa quinta edición na Veiga.

Estas xornadas, que dirixe o experto Óscar Blanco, comezarán na tarde do 14 de setembro cunha presentación ás 20h. na Veiga, seguida dunha observación miradoiro estelar “Lagoas das Tablillas”. Ao día seguinte, dende as 11h. terán lugar unha serie de ponencias no edificio do Toural, nas que se abordarán temáticas como a “Arqueoastronomía, o ceo no pasado” da man de Pablo Martínez, “Astrotimelapses, fotones en movimiento” de Alfredo Madrigal, “Astronomía para influencers” con Marta Fernández, e xa pola tarde, “Ligar con astronomía” con Borja Tosar, “A astronomía de de Julio Verne” con Óscar Blanco e “Fotografia nocturna e astropaisaxe” con Fernando Cabrerizo. Ás 22h. farase unha nova observación dende a Tablilla.

No derradeiro día das xornadas, o domingo 16 de setembro, farase unha visita a lugar onde se construíra o futuro observatorio astronómico de Trevinca e logo Óscar Blanco dará unha sesión sobre nocións de astrofotografía. Pola tarde os asistentes poderán realizar unha viaxe en catamarán polo encoro de Prada e un percorrido ata a “Cántara da Moura”.

Artigos relacionados

Back to top button