EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Aprendendo a detectar e a corrixir os defectos do viño nun taller práctico na D.O. Valdeorras

Estaba organizado pola Evega e nel participaban unhas 25 persoas na mañá do 15 de novembro en Vilamartín

Baixo o título “Defectos do viño. Novos procesos de detección e corrección” desenvolvíase ao longo da mañá do 15 de novembro un taller práctico coa participación dunhas 25 persoas na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras en Vilamartín.

Esta acción formativa, promovida pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), estaba estruturada en varias partes. O programa comezaba ás 9:30h. abordando as “Bases fisiolóxicas dos sentidos utilizados na análise sensorial dos viños. Como funcionan os sentidos en referencia aos estímulos percibidos dun viño”.

Logo viña unha “explicación práctica dos principais defectos do viño. Como se producen, a súa estrutura química, a súa prevención e as posibilidades de eliminalos. Novas formas de detección” e a xornada completábase cunha parte dedicada á detección práctica dos principais defectos olfativos que se poden producir nun viño.

Na organización deste taller, que foi impartido por José Daniel Fornos Rivas, licenciado en Ciencias Químicas, e polo enólogo Luis Buitrón; colaboraban o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, a Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button