ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Aprendendo a elaborar “mojitos de godello” e “risotto de boletus”, en Trives

No Pazo da Corga desenvolvíase o 22 de novembro a primeira das xornadas do “Curso de tapas e coctelería no Outono”

Entre apuntes e fogóns desenvolvíase o día 22 de novembro o “Curso de tapas e coctelería no Outono” nas instalacións do Pazo da Corga en Trives. Nesta primeira xornada a vintena de asistentes aprendían a elaborar diversas receitas como “Mojito de Godello”, “brochetas de solombo de porco con salsa de licor café e puré de castañas” ou “risotto de boletus”, entre outras.

Esta acción formativa, que promove o Inorde en novembro no Xeodestino Manzaneda-Trevinca, terá continuidade o vindeiro martes 27 de novembro. Este curso impartirase tamén no Barco os días 28 e 29 de novembro no Centro Municipal formación A Cerámica.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button