Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Aprendendo a metodoloxía Montessori, outra forma de educar

De Nai a Nai organizaba o 20 de outubro no Barco dous obradoiros impartidos por Mercedes Urbiola para aprender a aplicar a filosofía Montessori na casa

Co taller de 0-3 anos “Montessori na casa I” comezaban o programa formativo que se desenvolvía neste 20 de outubro no local social do grupo de apoio á lactancia e crianza con apego “De Nai a Nai” no Barco. Tratábase de dúas accións formativas sobre a educación Montessori que impartía Mercedes Urbiola, pedagoga e guía Montessori.

Na primeira delas, que se iniciaba ás dez da mañá, as asistentes descubrían “a etapa de desenvolvemento dos nenos/as de 0 a 3 anos, cales son as súas características, as súas necesidades e conforme a iso aprenderemos ferramentas prácticas para facer un ambiente preparado que desenvolva todo o seu potencial”, segundo a docente. Xa pola tarde, tiña lugar o taller “Educación cósmica” (para nenos de máis de 3 anos).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button