ConcellosO BarcoÚltima hora

Aprendendo a usar as novas tecnoloxías da man de Cruz Vermella e R, no Barco

“Enredando tour R” e o programa para integrar a persoas maiores na contorna dixital

 

O luns no Carballiño, onte en Verín e hoxe o Barco de Valdeorras. Na mañá deste mércores 19 de setembro, instalábase na praza do Concello barquense a aula móbil do programa organizado por Cruz Vermella e R para “enredar” ás persoas maiores no mundo dixital dunha maneira lúdica, ofrecéndolles a degustación dun “menú tecnolóxico” á súa medida.

Whatsapp, SergasMóbil, vídeochamadas, xestións co banco… As persoas maiores que ao longo da mañá se achagaron ata a praza aprenderon dun xeito sinxelo como usar un móbil ou tablet para comunicarse ou navegar pola rede, aplicacións de teléfonos intelixentes que farán máis doada a súa vida cotiá e, por suposto, lles axudarán a estar máis conectadas coas súas familias.

 

 

O obxectivo desta iniciativa, EnredandoTourR, é romper a fenda dixital das persoas maiores, especialmente no rural, para que estean conectadas coas súas familias e a súa vida cotiá lles resulte máis fácil e dende Cruz Vermella Valdeorras están moi contentos coa acollida xa que ao longo da mañá pasaron moitas persoas pola aula móbil.

Fotos: Mónica G. Bellver e Cruz Vermella.

 

Artigos relacionados

Back to top button