En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Aprendendo a afinar a gaita galega con Daniel Bellón, en Castro Caldelas

A Asociación Cultural Bran vén de organizar este curso na xornada do 2 de abril

Con preto de 20 alumnos desenvolvíase ao longo do 2 de abril o “curso de afinación de gaita galega” que impartía o prestixioso gateiro galego Daniel Bellón en Castro Caldelas. As clases, que tiñan como escenario o fermoso salón nobre do castelo desta localidade ourensá, ían de 10h. a 13:30h. e de 16h. a 19h.

Esta acción formativa ten sido promovida pola Asociación Cultural Bran (creada a principios deste ano) en colaboración co Concello de Castro Caldelas, co Restaurante Caldelas Sacra e coa Escola de Música Bellón Maceiras. Ademais trátase do acto de presentación desta entidade cultural, que pretende organizar máis actividades relacionadas coa música tradicional galega: gaita, percusión, canto…

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button