EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Aprendendo as claves da cata no curso “De tal uva tal viño”, da Ruta do Viño de Valdeorras

Unhas 22 persoas participan nesta fin de semana nesta actividade, impartida polo director técnico da D.O. Valdeorras

 

Uvas, mostos e viños están sendo obxecto de análise no curso de cata “De tal uva tal viño”, que promove a Ruta do Viño de Valdeorras durante esta fin de semana. Esta actividade, impartida polo director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Jorge Mazaira; iniciábase este sábado 26 de setembro ás 11h. no Hotel A Calzada, de Arcos (Vilamartín de Valdeorras). Nela participan unhas 22 persoas que se achegan aos diferentes conceptos organolépticos e enolóxicos para a elaboración dos viños.

 

 

O seu programa conta con dous apartados. Por un lado inclúe varias sesións (pola mañá e pola tarde) de cata de uvas, mostos e viños brancos e tintos da D.O. Valdeorras: godello, xerez, dona branca, teixadura, mencía, garnacha, souson, brancellao… Entre eles atópanse tamén os viños gañadores na XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras. Por outro lado, os asistentes tamén visitarán a adega A Coroa para coñecer in situ o proceso da vendima.

Ademais para o 27 de setembro, de 11:00h a 14:30h, está prevista unha visita aos lagares rupestres de Larouco e despois á adega ruesa Alán de Val.

Fotos: Carlod G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button