CulturaEducaciónÚltima hora

Aprendendo e divertíndose coas novas tecnoloxías en Celanova

Un total de 14 nenos participan nas actividades ofertadas pola aula CeMIT

Divertíndose coas novas tecnoloxías, os máis pequenos da casa adquiren coñecementos e destrezas no manexo dun ordenador sen percatarse. Así o están comprobando os 14 nenos e nenas de entre 4 e 8 anos que participan neste mes de xullo (de luns a venres de 10 a 13 horas) nas actividades que oferta a aula municipal de informática do Concello de Celanova (aula CeMIT).

Como usar o rato e o teclado, así como interactuar coas diversas pantallas dos xogos son algunhas das actividades que se están levando a cabo nestas xornadas.

Artigos relacionados

Back to top button