CulturaCulturaÚltima hora

Aprendendo a mirar o ceo nas Eiroás

A “Semana Cultural” organizada pola asociación de veciños deste barrio ourensán concluía cunha charla de astronomía

Sobre as “Marabillas do ceo” falaba Víctor M. Pérez Vázquez na charla coa que se completaba o programa de actos da “Semana Cultural 2016-As Eiroás”, que se desenvolve do 29 de agosto ao 2 de setembro neste barrio ourensán. Nenos e maiores achegábanse deste xeito ao mundo da astronomía e, despois, participaban nunha observación do ceo nocturno coa colaboración do Observatorio El mirón del cielo.

Esta Semana Cultural, organizada pola AAVV As Eiroás, incluía asemade obradoiros infantís e merendas saudables, proxeccións audiovisuais e conferencias sobre diversas temáticas tanto culturais como medioambientais.

Fotos: AAVV As Eiroás.

Artigos relacionados

Back to top button