CulturaCulturaÚltima hora

Aprendendo o oficio de telleiro en Pantón

O último telleiro do Rosal (Pontevedra) amosaba este domingo como se elaboraban de forma tradicional ladrillos e tellas

 

Paso a paso, o último telleiro do Rosal, José Álvarez Alonso “O Buraco” amosaba o seu oficio neste domingo 16 de agosto en Pantón. Esta actividade divulgativa, promovida dende a Asociación Cultural Segredos de Pantón, desenvolvíase a partir das 10h. da mañá na explanada da Telleira do Baliño, no Castro de Ferreira.

Explicaba e demostraba aos 15 participantes como se elaboraban as tellas e ladrillos de maneira tradicional. Ademais exercía de guía na Telleira do Baliño. Esta actividade forma parte do proxecto “Cultiva Cultura 2020”, que Segredos de Pantón ten previsto desenvolver ata setembro.

Fotos: Asociación Cultural Segredos de Pantón.

 

Artigos relacionados

Back to top button