SanidadeÚltima hora

Aprendendo saúde bucodental no campamento de verán da Cruz Vermella Valdeorras

A hixienista do Centro de Saúde do Barco, Yolanda Fernández, impartía un obradoiro sobre como coidar os dentes que finalizaba cun pequeno filme de animación que resumía os seus consellos

Da man dos “Defensores Dentais”, protagonistas dun pequeno filme de debuxos animados sobre saúde dental, finalizaba o obradoiro sobre hixiene bucodental que impartía o 19 de agosto a técnica sanitaria do Centro de Saúde do Barco, Yolanda Fernández, no campamento de verán da Cruz Vermella Valdeorras.

Nesta actividade explicábanse que é a caries, como se produce, como son as enfermidades das encías e, sobre todo, como evitalas. “A prevención é fundamental”, resaltaba Yolanda Fernández, e para iso é cláve realizar un correcto cepillado de dentes e encías despois de cada comida e sempre antes de deitarse. Tamén se comentaba como debe ser o cepillo, canta cantidade de pasta dental hai que usar (sempre pouquiña, do tamaño dun chícharo), así como a importancia de comprobar se sangran as encías.

Yolanda Fernández tamén insistía na importancia de que se fagan revisións periódicas no Centro de Saúde e que nelas os cativos leven os seus cepillos. Despois, explicáballes que o zucre está na meirande parte dos alimentos, mesmo nos salgados, e detallaba de maneira gráfica a cantidade del que se pode atopar en refrescos, bolería, zumes (non naturais) e nas gominolas, comparando esas cantidades co que se considera un consumo axeitado de zucre ao día tanto para nenos e adultos. E, insistindo, novamente na importancia de cepillarse os dentes despois de consumilo.

Esta hixiniesta remataba a charla entregándolles aos rapaces unha carta para os seus pais cun resumo destes consellos e coas indicacións para realizar revisióins bucodentais nos Centros de Saúde do Sergas. Ademais Yolanda Fernández comentaba que dende este servizo están abertos a realizar charlas deste tipo nas diferentes asociacións e dirixidas tanto a nenos como a adultos.

Fotos: A.R.

 

, niños y niñas del campamento de verano participarán en una actividad sobre higiene bucodental. La intervención se realizará con la colaboración de la técnica sanitaria especialista del Centro de Salud de O Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close