CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Aprendizaxe, xogo e diversión no “Campamento de Verán Rubiá 2019”

Uns 30 nenos participaban os meses de xullo e agosto nesta actividade

Con múltiples e moi diversas actividade se desenvolvía ao longo dos meses de xullo e agosto (os luns mércores e venres) o “Campamento de Verán Rubiá 2019” no que participaban uns 30 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

No seu programa de actividades incluíanse como un obradoiro de cociña, “onde elaboraron brochetas de froita, zume de laranxa e unha tarta de chocolate” e outro de primeiros auxilios no que “recibiron a visita dunha enfermeira que lles ensinou técnicas de reanimación e lles deixou escoitarse uns a outros co fonendoscopio e a tomarse a tensión”, explican dende campamento, promovido polo Concello de Rubiá.

 

 

Ademais, algúns venres  o campamento trasladábase ás piscinas municipais onde facían diferentes xogos. Tamén recibiron a visita da Garda Civil e un axente de Ourense que deulles unha pequeña charla sobre as suas función, que logo aprendían a través de xogo. Outro axente do Barco explicáballes cuestións relativas aos vehículos.

 

Ademais impartiuse un obradoiro de estampación e pintura de camisetas, outro de educación vial no pavillón municipal cun círcuito e bicis ou patinetes traídos polos nenos. Tamén se realizaba unha visita a unha panadería de Rubiá para elaborar bolos preñados.

 

Non faltaron tampouco manualidades varias con material de reciclaxe e xogos como unha “búsqueda de tesouro polo pobo, onde facían participar aos vecinos pedíndolles que lles cantaran, chistes… e outra búsqueda onde se convertían en detectives e mediante pistas tiñan que atopar o culpable dun asesinato”.
O campamento finalizaba cunha festa con temáticca hippie.

Fotos: Campamento de Verán Rubiá 2019.

 

dav

Artigos relacionados

Back to top button