OurenseÚltima hora

Aprobadas as convocatorias de axudas á rehabilitación de edificios nas 4 ARRUs da cidade de Ourense

A xunta de goberno do Concello concede licenza ao proxecto de iniciativa privada para construír 209 vivendas na Asunción, cun orzamento de 18 millóns

Xunta de Goberno do Concello de Ourense.

 

O Concello de Ourense daralle continuidade este ano aos programas de axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas nas 4 áreas de rexeneración e renovación urbana da cidade (ARRUs): O Polvorín, As Camelias, A Carballeira; San Mamede, Cruceiro Quebrado e a Inmaculada, Centro histórico e Seixalbo, que desenvolve o Concello en colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia.

A xunta de goberno aprobaba na sesión deste xoves 6 de maio, dous expedientes desta convocatoria, cuxos extractos publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e abrirase o prazo para solicitar as axudas que poden chegar desde o 40% até o 85% do orzamento subvencionable: o 40% é a porcentaxe de subvención con carácter xenérico, que se pode elevar un 10% máis se a persoa demandante é residente na vivenda que rehabilita. A axuda pode chegar até o 85% tendo en conta factores como os ingresos da persoa solicitante, ou o tipo de obra, se se trata de mellora de accesibilidade para persoas maiores de 65 anos.

As subvencións darán apoio a proxectos de rehabilitación de elementos comúns de edificios de uso residencial, elementos privativos de edificios (interiores das vivendas) ou de edificios dunha soa vivenda, tanto a traballos de mantemento, como de conservación, seguridade, accesibilidade, mellora de eficiencia enerxética e sustentabilidade, etc.

Artigos relacionados

Back to top button