Concellos

Aprobado o novo PXOM de Vilamartín

O novo plan ten unha capacidade residencial de 2.069 vivendas
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Dende finais de decembro o Concello de Vilamartín conta con Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O 26 de decembro saía publicada no DOG a orde de aprobación definitiva deste novo planeamento que protexerá e planificará o desenvolvemento do municipio nos vindeiros 20 anos.

Un par de semanas antes, o 13 de decembro, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, desprazábase ata este municipio valdeorrés para asinar a orde da súa aprobación definitiva. Foi nun acto celebrado no Concello no que, ademais da alcaldesa María Jesusa Candal e membros da Corporación, estivo a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta, Encarnación Rivas.

O novo plan, segundo se informa dende a Xunta, ten unha capacidade residencial de 2.069 vivendas, das que 1.430 correspóndense coas existentes e 639 coas novas. Nel o solo rústico ocupa o 98,22% da superficie total do concello e case a totalidade do mesmo (97,97%) conta con algún tipo de protección.

Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button