OurenseÚltima hora

Aproban as bases do XIV Premio “Pura e Dora Vázquez”

A xunta de goberno da Deputación concedeu 208.106 euros en axudas en materia de infraestruturas, cultura e servizos sociais
Rolda de prensa para dar conta dos acordos adoptados na xunta de goberno da Deputación.
Monserrat Lama, onte, na rolda de prensa para dar conta dos acordos da pasada xunta de goberno da Deputación.

A xunta de goberno da Deputación celebrada o pasado venres 9 acordou aprobar as bases reguladoras xo XIV Premio “Pura e Dora Vázquez”, de narración e ilustración, dotado con 1.500 euros para cada unha das modalidades. Así o anunciou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación, Montserrat Lama, que compareceu para dar conta dos acordos adoptados na reunión.

Entre eles, tamén se aprobou a adhesión dos concellos de Cartelle, Parada de Sil e Xinzo de Limia ao convenio de colaboración coa Deputación para prestar o servizo de inspección de tributos municipais. De iugal xeito, deuse luz verde a unha modificación nunha obra que se está a levar a cabo no acceso a un velorio no Concello de Melón.

En materia de infraestructuras, a xunta de goberno da Deputación acordou aprobar unha axuda de 16.357,67 euros en favor da Diocese de Ourense para acometer obras na Capela de San Pedro de Viñao (Punxín); 33.749 euros para substituír unha cuberta e a mellora no Graneiro en Piñor; 75.000 euros para Verín, para reparar as cubertas do pavillón de deportes; e 30.000 euros para Cortegada, para urbanizar a vía de servizo do parque empresarial do municipio.

En servizos sociais, a Deputación deu luz verde á concesión dunha axuda de 50.000 euros á Fundación Gavela para mantemento da entidade no 2016.

En total, as axudas concedidas en infraestruturas, servizos sociais e cultura nesta xunta de goberno suman os 208.106 euros.

Artigos relacionados

Back to top button