OurenseÚltima hora

Apróbanse as bases e a convocatoria do XII OUFF Escola

A entrega de galardóns realizarase no marco do 26º Festival de Cine Internacional de Ourense, no cal se poderán ver tamén os traballos gañadores

Premiados nunha edición anterior do certame.

 

Na mañá deste xoves 8 de abril a xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobaba as bases e a convocatoria do XII OUFF Escola, un certame de cinema organizado pola Concellaría de Educación en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Así, no concurso poderán participar centros educativos públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2020-2021, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan materias en lingua galega. Estabelécense dúas categorías: Infantil e Primaria; e outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son). Cada unha das categorías repartirá 1.500 euros en premios.

Os membros do xurado valorarán criterios coma a calidade da obra, orixinalidade do argumento, autenticidade e calidade no uso da lingua, potenciación de valores democráticos e de tolerancia ou o uso creativo das novas tecnoloxías e das ferramentas de software libre.

A entrega de galardóns realizarase no marco do 26º Festival de Cine Internacional de Ourense, no cal se poderán ver tamén os traballos gañadores.

Artigos relacionados

Back to top button