DeportesÚltima hora

Apróbase o protocolo da Federación Galega de Atletismo para a volta ás competicións

Pistas de atletismo de Calabagueiros (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na mañá deste mércores 22 de xullo a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e seguindo a resolución da Consellería de Sanidade, aprobaba o Protocolo FGA COVID19 da Federación Galega de Atletismo (FGA), o que supón o visto bó para que se poidan reanudar as competicións, tal e como anuncia esta entidade deportiva.

“As federacións deportivas están obrigadas a presentar ante a Xunta de Galicia un Protocolo onde que se recollan todas as medidas preventivas e de seguridade correspondentes a súa actividade. Este documento que debe ser aprobado pola organismo autonómico, é o punto de partida para a volta a actividade federada”, tal e como lembran dende a FGA.

Logo deste trámite clave, o presidente da FGA, Isidoro Hornillos, convocaba aos órganos de goberno desta institución para anular o acordo de suspensión da actividade atlética oficial, actualmente vixente. Da mesma maneira, o secretario xeral, Carlos Castro, ten previsto manter mañá unha apretada axenda cos delegados da federación para falar do tratamento do calendario de competición xa aprobado, para este 2020.

Traballo intenso

Dende a FGA tamén resalta que a elaboración do protocolo supuxo “moitas semanas de intenso traballo e de reunións cos distintos actores do noso atletismo en primeira instancia, e coa Comisión de Seguimento COVID19 coordinada polo Secretario Xeral, no treito final. Da importancia e da meticulosidade da mesma, fala o feito que fora obxecto de varias indicacións por parte da Xunta que rematarían finalmente ca aprobación do citado documento”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close