ConcellosÚltima hora

Aquae Flaviae rexorde do 22 ao 24 de agosto

Chaves retrocede dos mil anos no tempo e rememora nesta fin de semana ás súas orixes romanas
Cartaz desta celebración romana en Chaves.
Cartaz desta celebración romana en Chaves.

Entre os días 22 e 24 de agosto a cidade lusa de Chaves revivirá o seu pasado romano no marco da celebración da segunda edición de “Aquae Flaviae – Festa dos Povos – Mercado Romano”. O seu programa incluirá multitude de actos entre os que figuran un mercado de época, rituais con lume, evocación aos deuses, cetrería, danza e música, loitas de gladiadores, espectáculos de malabarismo, etc.

O programa encetarase coa “invasión romana” da cidade flaviense, a través do certame “Aquae Flaviae”, un evento que contará con preto de mil figurantes e que busca, fundamentalmente, “valorizar a matriz local, cultural e social, a través da preservación de valores e da constante afirmación da identidade da memoria colectiva”, segundo os seus organizadores.

Este iniciativa está promovida polo Município de Chaves e conta co apoio de Turismo de Portugal, Associação Chaves Viva e ProCentro-Associação para a Promoção do Centro Urbano de Chaves. No desenvolveneto desta festa dos pobos prevese atraer a máis de 30 mil visitantes e nela participarán 1.000 figurantes, 71 expositores e tamén se contará coa implicación do comercio local e cos bares do centro histórico da cidade.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button