PolíticaÚltima hora

Aquilino Domínguez, candidato socialista á alcaldía en Parada de Sil

Asegura que “seguiremos impulsando o turismo coma reclamo principal” deste municipio, “pero tamén imos apostar por fixar máis poboación”
O candidato socialista á alcaldía de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

 

Cambios á fronte da candidatura coa que o partido socialista se presentará ás vindeiras eleccións municipais en Parada de Sil. A lista estará encabebada por Aquilino Domínguez, actual segundo tenente de alcalde, quen di que se presenta “con ilusión, forza e traballo para seguir co crecemento de Parada de Sil e acadar a denominación de Patrimonio da Humanidade para a Ribeira Sacra”.

Asegura ademais que quere “seguir apostando pola transformación do mesmo que comezou en 2007 coa chegada de Paco Magide á alcaldía, o que supuxo un antes e un despois na xestión dun concello que camiñaba rumbo á desaparición e que hoxe é un referente turístico na provincia”.

O candidato socialista apunta que “seguiremos impulsando o turismo coma reclamo principal de Parada de Sil, pero tamén imos apostar por fixar máis poboación coa restauración de vivendas para rehabilitalas co fin de darlle un uso social e atraer nova poboación, xa que consideramos que debe ser outra das nosas prioridades”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close