ConcellosÚltima hora

Arcos acolle a súa VI Festa Coveira o vindeiro sábado 13 de xullo

A cita, organizada pola Asociación de Coveiros de Arcos, está prevista para a partir das 19:30 horas

 

A sexta edición da Festa Coveira de Arcos celebrarase o vindeiro sábado 13 de xullo a partir das 19:30 horas. Esta festa organizada pola Asociación de Coveiros de Arcos estará amenizada pola charanga de Manzaneda “Os Bertolini”, así como pola actuación dun DJ ao remate da festa. Ademais, sobre as 23:00h. terá a lugar a procesión de Don Godellín.

 

Durante a pasada edición da Festa Coveira de Arcos.

 

O aforo está limitado a 1 000 entradas, que se poderán mercar de forma anticipada por 10€ na Cafetería Makoki, na Carnicería Carlos ou no Bar 13/14 ata este xoves, ou ben en taquilla por 12€. Así, a entrada inclúe unha cunca conmemorativa, pinchos, refrescos e viño. Ademais, a maiores haberá un posto de panceta á grella.

Texto: Alba Prada

Fotos: Carlos G. Hervella

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button