ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Arcos celebra o día grande das festas de San Lourenzo

Os veciños desta localidade vilamartinesa sacaban en procesión ao seu patrón no mediodía do 10 de agosto

Malia que os cultos na honra de San Lourenzo comezaban en Arcos xa o 1 de agosto coa novena, o acto central desta celebración tiña lugar no mediodía do 10 de agosto, coa procesión da imaxe deste santo polas rúas deste pobo vilamartinés. Comezaba ás 12:30h., seguida pola misa.

Os actos festivos continuarán pola tarde con xogos infantís e un partido de fútbol, así como coa actuación do grupo Limón. Os festexos continuarán con novas actividades o 11 de agosto, entre eles figura unha representación do grupo de teatro de Arcos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button