ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Arcos vibra coa Festa Coveira

Esta localidade vilamartinesa abría as súas antigas adegas ao público o 8 de xullo

Numerosas persoas se daban cita a partires das sete e media da tarde do 8 de xullo en Arcos (Vilamartín) para acudir á súa IV Festa Coveira. Este roteiro permite visitar as covas, degustar os seus viños e tamén probar multitude de pinchos.

A celebración estivo animada pola actuación do grupo tradicional Os Bertolini de Manzaneda, e ao remate da festa tiña lugar a actuación musical dun Dj á beiras do río Farelos. Esta IV Festa Coveira ten sido organizada polos Coveiros de Arcos de Valdeorras en colaboración co Concello de Vilamartín.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button