A MezquitaConcellosÚltima hora

Arde a campá extractora dun restaurante no concello da Mezquita

 

Pasado o mediodía deste mércores 25 de maio producíase un incendio urbano nun establecemento hostaleiro no concello da Mezquita.

O suceso producíase en torno ás 13:40 horas cando o 112 Galicia recibía o aviso dun incendio na campá extractora (sobre a grella) do restaurante Vía da Prata, na localidade de O Pereiro. Ata alí desprazábase membros de Protección Civil da Mezquita e o GES da Gudiña. Tamén se mobilizaba aos Bombeiros de Verín pero tal como explican dende o GES avisáronos de que non era necesaria a súa intervención xa que os propios bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, axudados por veciños e clientes do local con extintores, lograban sofocar o incendio sen ter que lamentar danos persoais.

No momento de redactar esta nova, o GES aínda se atopaba no lugar, refrescando a zona.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button