ConcellosÚltima hora

Arde a cheminea dunha casa en Sas de Xunqueira (Trives)

 

Arredor das dez da mañá deste xoves 12 de decembro producíase un incendio na cheminea dunha vivenda na localidade de Sas de Xunqueira (A Pobra de Trives). Ata o lugar desprazábanse de inmediato Protección Civil de Trives e o GES de Castro Caldelas con coche bomba, coche bomba de Trives, Policía Local e Garda Civil.

A rápida intervención dos equipos de emerxencia permitiu extinguir enseguida as chamas. Tan só se produciron pequenos danos materiais e ninguén resultou ferido.

Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button