ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Arde a cheminea dunha vivenda en Éntoma (O Barco)

No suceso non resultaba afectada ningunha das persoas que estaban nese momento na casa

Quedábase nun susto, pero podería ter sido algo grave. Pasadas as oito e media desta tarde de 15 de novembro producíase un incendio na cheminea dunha vivenda de Éntoma (O Barco), situada na rúa Camiño do Farruco desta localidade. Ningunha persoa resultaba afectada.

Ardía o interior da cheminea dunha estufa, que estaba sen limpar, e a rápida intervención do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras para sofocar as chamas evitaba que o lume se estendese, co perigo ademais de que se propagase ás casas veciñas, que teñen estrutura de madeira.

Ata o lugar desprazábanse rapidamente, ademais do xa citado GES Valdeorras, tres camións dos Bombeiros de Valdeorras (un deles coa autoescaleira), así como a Garda Civil, a Policía Local, os servizos de emerxencias sanitarias, e o concelleiro do Medio Rural do Barco, Jesús Jares.

Artigos relacionados

Back to top button