ConcellosÚltima horaVilamartín

Arde a cheminea nunha casa de Vilamartín

 

Arredor das 15h. deste domingo 28 de febreiro producíase un incendio nunha cheminea dunha casa situada rúa Cruz Roja de Vilamartín. As chamas da cheminea prendían na madeira do faiado.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, os bombeiros do parque comarcal e dúas patrullas da Garda Civil. A rapidez, tanto en dar aviso como na intervención por parte dos equipos de emerxencia, foi clave para sofocar o incendio e evitar maiores consecuencias. Non houbo que lamanter danos persoais.

Artigos relacionados

Back to top button