EconomíaEconomíaÚltima hora

Arde a freidora do restaurante da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda

Exterior do restaurante da estación.

 

Quedábase nun susto e non había que lamentar ningún dano persoal. Arredor das oito da tarde do 25 de novembro producíase un incendio na freidora do restaurante da Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda.

Rapidamente alertábase ao 112 Galicia do incendio, pero a inmediata intervención do persoal permitiu controlar e sofocar as chamas, de tal forma que cando chegaga ao lugar Protección Civil de Manzaneda, non era necesaria a súa intervención. Xa estaba apagado o incendio e ventilado o lugar. Pouco despois tamén se desprazaba ata a estación Protección Civil de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button