En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Arde un coche na estrada OU-533 á altura de Celeiros (O Bolo)

Publicidade

Un aviso ao 112 alertaba da presenza dun vehículo ardendo na estrada OU-533 á altura de Celeiros, no concello de O Bolo. Ante a chamaba acudían ao lugar os bombeiros de Valdeorras, a Garda Civil, Tráfico e os voluntarios da Agrupación de Protección Civil de O Bolo.

Tamén se desprazaba ata alí un axente forestal, ante o risco de incendio. Finalmente todo quedaba nun susto e soamente ardían uns 150 metros cadrados. O lume extinguíase cos medios alí desprazados. Tamén se encontraba na zona unha brigada da Brilat.

Artigos relacionados

Back to top button