ConcellosTrivesÚltima hora

Arde o tellado dunha casa en Santa María de Trives

Vehículo de Protección Civil e coche bomba de Trives nun operativo anterior./ Foto cedida.

 

Arredor das seis e media desta tarde producíase un incendio nunha vivenda da localidade de Santa María de Trives. O lume iniciábase no tellado da casa mentres o seu propietario levaba a cabo unhas tarefas de reforma.

A rápida mobilización dos veciños, botando man dunha mangueira e dun extintor, impediu que se propagara o lume. Ademais ata o lugar desprazábanse de inmediato os voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Trives e o coche bomba do Concello, procedendo a refrescar o tellado por precaución. Ata o lugar tamén acudía a Garda Civil, así como o tenente de alcalde de Trives. Tamén foi avisado o GES de Castro Caldelas pero finalmente non foi precisa a súa intervención.

Artigos relacionados

Back to top button