ConcellosEn portadaÚltima hora

Arde o tellado dunha vivenda en Sobrado (Trives)

É o segundo incendio que se produce nesta localidade en apenas dez días

 

Na noite do 9 de abril a localidade trivesa de Sobrado sufría un novo incendio nunha casa. Protección Civil de Trives era alertada dun incendio nunha vivenda arredor das once e media da noite. Ata o lugar do suceso acudían de inmediato Protección Civil de Trives e o camión de bombeiros trivés, o GES de Castro Caldelas co seu camión de bombeiros, Protección Civil e camión de bombeiros de San Xoan de Río, así como o camión de bombeiros do Concello de Manzaneda e a Garda Civil.

O incendio dábase por extinguido en torno ás 1:45h. Non houbo que lamentar danos persoais e houbo danos menores no interior da vivenda por mor da auga da extincións. Este é o segundo que se produce en apenas dez días nesta localidade trivesa.

Fotos: cedidas por Protección Civil de Trives.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button